viernes, 19 de septiembre de 2014

A flexibilidade para adaptarse a novos Contextos laborais


Unha das capacidades que tiven que desenvolver ao longo da miña traxectoria laboral e persoal, foi a capacidade para ADAPTARME. Como ben decía Charles Darwin, cando os individuos dunha especie desenvolven unha  ventaxa que lles permite adaptarse mellor ao medio, sobreviven.

Como ferramente para poder manterme nun mercado laboral tan cambiante, decidín deixarme fluir e aproveitar para coñecer diversas experiencias laborais que todas elas teñen un punto común, como o tronco dunha árbore que forma a miña experiencia: "a intervención con persoas" para mellorar as súas vidas, dando o meu graniño de area para loitar por un mundo máis xusto. O cal da sentido ao meu desenvolvemento persoal.

As ramas da miña árbore Profesional, apuntan cara as miñas experiencias: dende formadora de diversos ámbitos, Coordinación de Voluntariado e Participación Social,  Coordinación de Proxectos de Intervención Social, Educadora, Psicopedagoga con rapazas e rapaces con dificultades e Profesora. Todas elas vistas desde unhas gafas violetas que impregna todo o meu traballo con perspectiva de xénero.


Violeta Lamazares Carlín
Psicopedagoga, Educadora, Especialista en Igualdade.

1 comentario:

  1. Me encanta tu "arbol" de ideas. Te quedó genial y la forma de contarlo también. Comparto lo que dices de poner cada uno nuestro granito de arena para intentar hacer un mundo mås justo.

    ResponderEliminar