viernes, 19 de septiembre de 2014

As cousas non son de quen as posúe, senón de quen as goza


     Ó longo da miña traxectoria profesional coma xestor de proxectos sempre tiven unha inquedanza compartida con moitos compañeiros, que é dar coa chave para xestionar eficazmente equipos humanos.
     Na actualidade, e despois de anos de traballo e estudo sobre o tema, atopei na xestión de medios sociais unha ampla ferramenta que nos aporta moitos datos sobre o comportamento dos grupos de persoas, permitíndonos ademais dotar a estes grupos de múltiples ferramentas que non só facilitan o seu traballo senón que tamén lles permiten desenrolar con éxito a súa traxectoria profesional e medrar dentro das súas inquedanzas.
     Penso que a orientación laboral, enfocada non só dende a demanda de emprego, senón tamén dende a busca incesante de cada un por acadar un posto de traballo no que sentirse realizado e motivado, é fundamental para o desenrolo persoal e profesional dos propios individuos.

     Non só ofertar un emprego, senón atopar o lugar onde emprego e empregado converxan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario