Mostrando entradas con la etiqueta RedesSociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RedesSociais. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de octubre de 2014

As redes son para pescar



Reflexión sobre o marco persoal da orientación laboral


Durante o achegamento ó marco persoal da orientación laboral, nas sesións do Módulo 2 do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, tivemos a oportunidade de desfacernos dos temores que nos dan as redes sociais, descubrindo que estes temores se producen moitas veces polo decoñecemento do funcionamento das relacións interpersoais.

E cando falamos de relacións interpersoais falamos de todas as redes sociais, de todas esas redes que constitúen o noso ámbito relacional e de cómo a comunicación que mantemos coas mesmas é fundamental para o noso desenrolo profesional e persoal.

A importancia de traballar as nosas habilidades sociais, prestando un especial fincapé á comunicación, pódese representar identificando estas redes sociais coas redes de pesca, que as redeiras revisan e remendan a diario con tino e paciencia. Esa é a labor que nós temos que facer coas nosas redes, porque un pequeno burato só leva a outro máis grande.
Carlos Parada fíxonos ver cómo o temor que temos cando nenos ás relacións interpersoais é perfectamente asimilable ó que lles pasa a aquelas persoas ou empresas (emprendedores) que non se atreven a adentrarse no mundo dos Medios Sociais; estas son outras redes pero ó final tamén serven para ‘pescar’.
Perder o medo ós Medios Sociais é o primeiro paso a dar para poder madurar no mundo 3.0. E o único xeito de perder o medo é comezar a tomar contacto con eles, formarnos e probar, experimentar cos coñecementos que se van adquirindo. Poderíamos dicir que, a manexar os Medios Sociais apréndese “enredando”.



A falta de formación neste área e os vicios adquiridos do uso persoal dos distintos Medios Sociais levan a moitas persoas a naufragar nos seus inicios, o que provoca que moitos desistan dos seus intentos. Temos que ser pacientes e ir pouco a pouco, no mundo online para ter éxito temos que contar coas ferramentas, os coñecementos e as persoas axeitadas.
Unha vez logrado perder o medo, o seguinte paso será preparar as nosas redes, facelas atractivas, tanto visualmente coma polos seus contidos, para fomentar tanto as visitas coma a participación e a interacción. Aquí entran de novo en xogo as persoas do entorno social, tanto participando activamente aportando respostas e solucións, coma fomentando a participación a través dos comentarios.
Perder o medo ós Medios Sociais, conséguese aumentando a nosa formación nese ámbito e facendo partícipe ó noso entorno, só así poderemos dotar de forza o noso “eu 3.0.”. Non debemos ter medo ás críticas na internet nin a que a xente opine sobre nos, porque desas opinións salerán puntos de mellora e faremos moito máis humán e próxima a nosa persoa.

Adentrémonos no mar e votemos as nosas redes!