Mostrando entradas con la etiqueta colectivos en risco de exclusión social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colectivos en risco de exclusión social. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de noviembre de 2014

Reflexión módulo 3: Marco Instrumental


Durante este útimo percorrido pola Orientación laboral, traballamos os seguintes temas:

1.    A Intermediación laboral
2.    Os itinerarios de inserción
3.    Procesos individuais de Orientación e Axudas na toma de decisión.
4.    Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
5.    Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego
6.    e Elaboración do plan de Empresa.

Sobre a Intermediación laboral teño que destacar que a Orientación laboral baséase nos principios de: individualización (segunda as necesidades e circunstancias dos e das participantes), flexibilidade provocada polas novas situacións e actividades, así como intervención individual e grupal, e o desenvolvemento e búsqueda de autonomía.

As accións individuais, consisten en atención individualizada, para acordar os pasos para realizar o itinerario de inserción profesional, para facilitar os medios que capaciten na búsqueda autónoma de emprego. Dita intervención debe de ser planificada, motivada, informativa, e sobre habilidades para atopar emprego.

Temos que ter en conta as sesións grupais para traballar recursos persoais ou búsqueda de emprego. Penso que este tipo de intervención non se emprega o suficiente, e que é unha ferramenta que pode ser moi útil para ver como se desenvolve a persoa dentro dun grupo, así como para optimizar os recursos que temos: reducindo tempo de intervención que se empregaría na sesión individualizada, así facilitando o mantemento de cambio de actitudes mediante unha intervención máis continuidade.

Este tipo de intervención, resulta moi interesante para traballar tamén con colectivos vulnerables, xa que se fomenta a súa socialización nunha contorna normalizada, ao ter que cumprir uns horarios, acadar unhas normas... o que activa a persoa cara a súa inserción sociolaboral.

No temario incídese na importancia de insertar colectivos en risco de exclusión social, especialmente de persoas con discapacidade e traballar en pro da Igualdade de Oportunidades.

Para isto é preciso abordar diversos ámbitos: dende a propia persoa aumentando a súa autoestima que en moitos casos é un límite para a súa autonomía, formación para inserción laboral, e inserción na vida colectiva. Como a seu entorno próximo: familia que en moitos casos asume un rol sobreprotector, e do entorno no que vive. Así como no texido empresarial compensando  as dificultades de acceso ao mercado de traballo para crear e manter unha economía social.

Diversos factores como: cambios de traballo cada vez máis frecuntes, enfoque da orientación laboral encamiñado ao longo da vida da persoa, a diferenciación entre grupos sociais cada vez maior e o cambio sufrido no concepto de traballo e a súa organización social leva a necesidade de crear un modelo de orientación laboral nos Itinerarios de inserción laboral. E estos ligados á inserción sociolaboral de colectivos con máis dificultades.

O itinerario Personalizado de Inserción sociolaboral é un proceso de orientación, formación e inserción. E debe de constar as seguintes fases: fase de acollina, orientación, formación, formación en contexto laboral, intermediación, ocupación/emprego, e peche.

No tema de Procesos individuais de Orientación e Axudas na toma de decisión. Dáselle moito valor á entrevista de Orientación laboral para determinar a adecuación do candidato ou candidata a un determinado posto de traballo. Dita entrevista ten dous obxetivos: asesoramento e selección de persoal.

Dúas caras da mesma moeda que é a inserción sociolaboral das persoas desempregadas. Penso que a Entrevista encamiñada ao asesoramento é fundamental para poder encamiñar a persoa cara aos seus obxetivos profesionais e incluso para identificalos.

Así mesmo, a formación e preparación por parte da persoa en búsqueda activa de emprego, á hora de enfrentarse a unha entrevista laboral, é fundamental para poder superar esta última proba que a achega ao traballo desexado. A comunicación non verbal é un factor que non se debe descoidar e cada persoa ten que partir do autocoñecemento das súas competencias para sair airoso/a da entrevista e/ou manter o emprego.

Polo que o exercicio de reflexión e autocoñecemento podemos velo como un proceso que todos/as deberíamos realizar, que nos pode achegar a un posto de emprego, así como tamén a nivel persoal para favorecer a nosa inserción na colectividade. O que mellorará indirectamente a nosa autoestima.

Análise de perfís profesionais e prospección de emprego: neste punto incídese nunha tarefa fundamental que debe ter un/ha orientador/a laboral que é o coñecemento dos postos existentes, que nos permitirá facernos unha idea das esixencias das empresas e ver en qué nivel se axusta a persoa ao mesmo.

Acción que debemos fomentar nos nosos/as participantes, ampliando deste xeito o seu coñecemento do mercado laboral, e as posibilidades de ocupación existentes.

Esto pódelle ser moi útil a hora de elaborar o seu currículum, a carta de presentación e/ou motivación ou mesmo cara a preparar a entrevista de traballo.

Mediante o Asesoramento aportaremos as ferramentas necesarias para que a persoa saiba identificar a información que precisa para mobilizar os recursos externos.

Creo que é preciso destacar a importancia de non crear dependecia e fomentar a Autonomía, das persoas cara a procura de información. "Dalle a persoa un peixe, e comerá por un día. Ensínalle a persoa a pescar, y comerá toda  a súa vida". Xa que ao igual que me centrei na importancia de realizar Dinámicas grupais, o fomento da autonomía capacitará a persoa para futuras situacións de búsqueda.

Por outra banda, os e as participantes debe coñecer as Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego, unha vez marcados os obxetivos laborais.
Polo que antes de nada debería coñecer as ventaxas e desventaxas de traballar por conta allea e por conta propia. Unha vez marcado o seu obxetivo laboral, debe encamiñar a súa formación e coñecemento de recursos para alcanzar o obxetivo.

Se nos encamiñamos cara ao emprego por conta allea deberase coñecer os entrecijos da búsqueda activa de emprego: como presentarse a unha autocandidatura, adaptación do curriculum, carta de presentación, carta de motivación, novas tecnoloxías cara a búsqueda de emprego, probas de selección, psicotécnicas e dinámicas grupais, beneficios do networking e xestión dos contactos.
Ademais de dominar estas técnicas e adaptarnos específicamente a cada oferta de emprego, penso que a formación en HHSS é unha materia pendente que moitas veces nos limita a hora de insertarnos laboralmente.

O arte de "saber venderse", é clave, e para iso é preciso contar con unhas bases emocionais, que se debe traballar antes cas e cos participantes.  A autoestima posibilitaranos creer en nós, e poder ter unha visión máis realista das nosas potencialidades e dificultades.

O autocoñecemento mediante a realización dun análise DAFO, tanto para autocoñecernos, así como para o emprego de persoas que se decidan a emprender.

As persoas que queiran emprender, débeselles facilitar a formación adecuada para elo, así como asesorar na realización do Plan de Empresa que será o eslabón para saber se a súa idea de negocio ten viabilidade ou non. Así como para adaptar o seu negocio aos cambios do mercado.

Neste senso o/a Orientador/a, asume un novo rol e esíxeselle coñecer dita ferramenta e asesorar aos/as participantes que se decidan a emprender.