Mostrando entradas con la etiqueta medrar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medrar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de octubre de 2014

Reflexionando sobre o PLE: Aprender a aprender na era dixital

          “Un PLE é o conxunto de ferramentas,fontes de información,conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender.(Adell y Castañeda,2010,pag. 23)

Ata non fai moito os entornos de aprendizaxe eran semellantes para todo o mundo, e remataban una vez se dese por finalizados o período de educación formal (uns antes,ao rematar as ensinanzas obrigatorias e outros máis adiante finalizados estudios superiores).Estes constaban de ferramentas, (un aula, unha pizarra, un pupitre…) fontes de información(profesores e libros) e conexión e actividades ( exames e avaliacións)comúns.



Hoxe en día o panorama é diferente, existen outros tipos de formación ademais da formación regrada, as novas tecnoloxías poñen a disposición de todo o mundo infinidade de información,recursos e ferramentas, e a aprendizaxe non queda restrinxida ao período escolar, senón que me promove a formación permanente.
Vivimos na época perfecta para ser autodidacta, onde cada un pode crear o seu propio aprendizaxe,podemos seleccionar material e xente que nos resulten interesantes sen interpoñerse barreiras físicas nin temporais e ademais podemos compartir o aprendido, todo iso  de forma sinxela, e en moitos casos gratuíta. É decir, creamos o nosos propios entornos de aprendizaxe.Entornos personalizados con infinidade de recursos, pero entornos que debemos xestionar e sobre os que debemos reflexionar.



Ao longo de este año fun coñecendo unha gran cantidade de ferramentas que podo sumar ao meu propio PLE. Velaquí as que máis emprego,máis me gustan e coas que máis cómoda me sinto.

Entre elas destaco as que me permiten buscar a información que preciso de forma fácil e cómoda, que me axudan a xestionar o meu tempo (como o sistema de RSS), a atopar múltiples explicacións variadas sobre un mesmo tema(ex. Slideshare) ou me poñen en contacto con distintas persoas configurando a miña networking.

E por outra banda, ferramentas que me permiten manipular a información atopada, traballala,compartila e transformala en coñecementos (aprendemos o 90% da información que elaboramos ou lle explicamos a outros )

Non obstante un PLE, non se trata de un entorno ríxido ,senón que permite a súa adaptación ás distintas situacións e a súa evolución no tempo enriquecéndose a medida que crecemos no noso aprendizaxe, e que tamén aumentan as nosas competencias dixitais e a nosa rede de contactos.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Paso - Inspiración - Varrida




   “Cando Beppo varría as rúas da cidade, facíao a modo pero con constancia... - Ves Momo, as cousas fanse así: as veces tes ante ti unha rúa longuisima, terriblemente longa, tanto que cres que nunca poderás rematala... Nunca se ten que pensar en toda a rúa dunha vez. Só hai que pensar no paso seguinte, na inspiración seguinte, na seguinte varrida. Entón e divertido; iso é o importante, porque entón faise ben a tarefa e así ten que ser.”
Momo” (Michael Ende)


O noso primeiro tramo está “varrido”, xa coñecemos a principal normativa coa que teremos que traballar, tanto a nivel autonómico como a nivel estatal e europeo. Sabemos dos recursos dos que podemos dotar e sobre os que podemos asesorar ós nosos orientados, tanto en temas de políticas activas coma de políticas pasivas de emprego. E podemos incluso introducilos nas alternativas europeas tanto cara a súa formación coma cara a súa incorporación a outros mercados laborais.
E, de ser o caso, podemos guialos na súa procura do emprendemento.

A introdución de todos estes temas é ardua e insidiosa para nos, somos na nosa maioría, desa xeración na que uns país sen estudos sacrificaron gran parte dos seus anos de vida na procura de recursos para que os seus fillos puidesen estudar unha carreira.
Somos esa xeración á que nos prometeron que uns estudos nos aportarían posibilidades de futuro e a que nos falaron de estabilidade.
Somos eses "novos" que ven pasar os anos con menos posibilidades de emprego cada día, mentres ouvimos mareas de se foi mellor unha carreira ou teriamos que ternos decantado por unha FP.
Somos esa xente que cando dis “emprendedor” oe “autónomo” e á que o traballo no estranxeiro só lle lembra á pereza de estudar idiomas.
Somos esa xeración que viviu na esperanza do futuro e convive co que puido ser e non foi.
Para nos é difícil falar de todo isto, para nos non é sinxelo asesorar a ninguén sobre o que é ou debe ser mellor en materia de emprego.

Pero somos tamén a xeración da esperanza, porque hai moito por facer, porque temos que reinventarnos e deixarnos levar polos novos aires de cambio. Porque cando nós empecemos a coñecer os medios sociais, moitos deles xa tenderán a desaparecer, pero pode que moitos deles teñan medrado con nós.

Agora iniciamos o segundo paso. Sabemos que todo irá ben se nos poñemos pequenas metas, axeitadas, sen angustias nin medos, confiando plenamente nas nosas posibilidades.


Ánimo e adiante!