sábado, 25 de octubre de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 2: A Orientación Laboral e as competencias

Neste segundo percorrido polo Postgrado en Orientación laboral, estivemos aondando no tema que nos ocupa que é a Orientación laboral, as comentencias comunicativas e habilidades sociais que debe ter un/ha Orientador/a laboral, e a aplicación das TIC para poder aplicalo no noso exercicio profesional.

PERFIL PROFESIONAL DO/A ORIENTADOR/A LABORAL

Según Echeverría "A Orientación laboral debe abarcar o ámbito de traballo ao longo de toda a vida. O proceso de MEDIACIÓN que facilita o orientador debe iniciarse coa autoavaliación das calidades e potencial de cada persoa". 

Esta definición apórtanos a base do que significa ser Orientador/a, pero esquécese da importancia de incluir ás mulleres como axentes mediadores. 


O uso dunha linguaxe que invisibiliza ás mulleres nesta profesión, fomenta a negación das mulleres na participación neste eido.
 
A falta de emprego é unha das principais razóns sobre as que e asenta a exclusión social do que son obxeto na actualidade un gran número de persoas, especialmente as mulleres con unha tasa de de paro que supera con creces a dos homes. 

Polo que a adopción dunha política de Igualdade de Oportunidades, tanto no ámbito de Emprego, como no de formación, non é só unha cuestión de xustiza social, senón dun factor de desenvolvemento económico, estreitamente vinculado á xestión dos recursos humáns.
 
Según o Instituto Nacional de Estadística, en España no ano 2011, o número de mulleres graduadas en Educación superior era do  34,7% superior ao  número de homes graduados (134,7 mulleres por cada 100 hombres). Esta cifra era do 40,1% no ano 2008. As estadísticas mostran o gran potencial que ten o país, que se está a desperdiciar. E as dificultades de accesibilidade por parte das mulleres  a sectores masculinizados.

Neste marco, a perspectiva de xénero é unha ferramenta que, debemos ter presente os/as orientadores/as a hora de sensibilizar ao texido empresarial, informando das axudas e subvencións existentes cara a contratación de mulleres.  Así como, cara unha boa praxis, proporcionando unha orientación ás persoas desempregadas a determinados postos laborais, sen prexuizos de xénero, discapacidade, cultura, raza...
 
Dito esto, poderemos dar unha definición máis acorde do que é a Orientación laboral: proceso de axuda e acompañamento no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que sitúe a persoa nunha posición favorable ante o emprego e lle posibilite o acceso e mantemento do posto de traballo. 

A miña visión sobre a orientación laboral, é que constitúe a peza de engranaxe entre a oferta e a demanda no mercado laboral. No que se preste un servizo integral, tanto individualizado, e con unha visión que toma como referencia o contexto, do que forma parte e no que intervén como axente de cambio.

A individualización, flexibilidade, e desenvolvemento /procura da autonomía, son principios que debe cumprir
o/a orientador/a labora.

Para ser Orientador/a laboral, é preciso ser unha persoa COMPETENTE. 
Non só se lle pide saber (competencia técnica) e saber facer (competencia metodolóxica), senón tambén saber estar (competencia participativa) e no fondo saber ser (competencia persoal).

Esto lévanos a falar das dotes comunicativas que debe de ter un/ha Orientador/a laboral, como parte das competencias participativa e persoal: "saber estar" e "saber ser".

HABILIDADES SOCIAIS E INTELIXENCIA EMOCIONAL DUN E DUNHA ORIENTADORA LABORAL

As sesións presenciais de Fernando Aguiar, foron moi fructíferas para min, xa que considero que debemos coñecer a importancia da linguaxe e de como repercute na nosa comunicación interpersoal. Habilidades que debe de ter o/a orientador/a laboral (así como moitas e moitos profesionais que teñe unha unha intervención directa cos persoas ex: médicas/os, profesorado, etc.).

Debemos ser conscientes das características da comunicación e do tipo de comunicación que empregamos, procurando empregar unha comunicación asertiva que nos achega ás persoas coas que traballamos, que en moitos casos veñen con ansiedade, depresión, estrés.... provocadas por estar en desemprego.

Para poder traballar dende esta perspectiva interpersoal, é preciso un proceso de autocoñecemento, afrontando unha conducta proactiva para poder trasmitilo as usuarias e usuarios cos que interveñamos.

Ser conscientes sobre a nosa vida, fixándonos obxetivos e traballar duro para lograros.
Asumindo unha actitude proactiva, o que supón saír da nosa zona de confort, para ser capaces de arriscar. Afrontando a adversidade como oportunidades. Poñendo en marcha a creatividade e a capacidade de innovar, tomando as nosas propias decisións e loitando para conseguilas.

AS COMPETENCIAS DIXITAIS DO/A ORIENTADOR/A LABORAL

As TIC son unha ferramenta moi útil na búsqueda de emprego, tanto na búsqueda de novos recursos onde atopar emprego, como na capacidade de poder visibilizarse e destacar nun mundo cada vez máis competitivo.

Durante as sesións de Carlos Parada, e na práctica realizada durante o curso, coñecimos unha gran variedade de recursos Tecnolóxicos da Web 2.0 ao noso alcance para diversos fins que poden ser de gran utilidade na práctica laboral, como orientadores/as laborais, como para trasmirlles aos/as usuarios/as do nosos servizo.

Partícipe na web 2.0,  en continuo proceso de aprendizaxe o/a orientador/a debe posuir unha formación axeitada no uso das TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñecemento), e nas TIC.
 
Con ditas ferramentas, mellorarase o servizo prestado pola orientación laboral, tanto na búsqueda de recursos para a inserción laboral e mantemento do emprego, como coñecedores/as de novos nichos profesionais que están aparecendo e aparecerán no futuro en torno ás TIC.
 
Actualmente vivimos nun momento de revolución tecnolóxica que está influindo en todos os sectores, e dos que non debe afastarse a orientación laboral. Como disciplina que debe adaptarse continuamente aos cambios que se producen no mercado laboral, así como, na repercusión que teñen as TIC en sentido amplo, como escenario social no que se están a desenvolver as persoas que buscan emprego. 

Por outro lado, as nova sociedade da información, supón riscos e ameazas que poden incrementr as desigualdades sociais e económicas xa exitentes mediante a "brecha dixital" (tal como comentaban as miñas compañeiras).  A disparidade entre quenes teñen acceso real ás TIC e quenen non o teñen.
 
Neste sentido os e as orientadores deben adoptar o papel de axentes sociais de cambio, promovendo e facilitando, na medida do posible, o acceso dos e das usuarias aos recursos tecnolóxicos, para facilitar a búsqueda de emprego.

viernes, 24 de octubre de 2014

O meu entorno persoal de aprendizaxe 2.0


E curioso como, se nos paramos a reflexionar sobre o uso que lle damos as ferramentas 2.0, nos damos conta da morea delas das que case que nos sería imposible prescindir. Así mesmo, esta reflexión nos permite analizar os nosos puntos fortes e débiles na nosa estratexia comunicativa.

Na imaxe que vos deixo a continuación pretendín reflexar o meu PLE 2.0 clasificando as ferramentas non por uso exclusivo, senón polo uso mais frecuente que eu lles dou.

Xa sabedes, o importante non é memorizar a información, senón saber ónde atopala.



miércoles, 22 de octubre de 2014

Reflexionando sobre o PLE: Aprender a aprender na era dixital

          “Un PLE é o conxunto de ferramentas,fontes de información,conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender.(Adell y Castañeda,2010,pag. 23)

Ata non fai moito os entornos de aprendizaxe eran semellantes para todo o mundo, e remataban una vez se dese por finalizados o período de educación formal (uns antes,ao rematar as ensinanzas obrigatorias e outros máis adiante finalizados estudios superiores).Estes constaban de ferramentas, (un aula, unha pizarra, un pupitre…) fontes de información(profesores e libros) e conexión e actividades ( exames e avaliacións)comúns.



Hoxe en día o panorama é diferente, existen outros tipos de formación ademais da formación regrada, as novas tecnoloxías poñen a disposición de todo o mundo infinidade de información,recursos e ferramentas, e a aprendizaxe non queda restrinxida ao período escolar, senón que me promove a formación permanente.
Vivimos na época perfecta para ser autodidacta, onde cada un pode crear o seu propio aprendizaxe,podemos seleccionar material e xente que nos resulten interesantes sen interpoñerse barreiras físicas nin temporais e ademais podemos compartir o aprendido, todo iso  de forma sinxela, e en moitos casos gratuíta. É decir, creamos o nosos propios entornos de aprendizaxe.Entornos personalizados con infinidade de recursos, pero entornos que debemos xestionar e sobre os que debemos reflexionar.



Ao longo de este año fun coñecendo unha gran cantidade de ferramentas que podo sumar ao meu propio PLE. Velaquí as que máis emprego,máis me gustan e coas que máis cómoda me sinto.

Entre elas destaco as que me permiten buscar a información que preciso de forma fácil e cómoda, que me axudan a xestionar o meu tempo (como o sistema de RSS), a atopar múltiples explicacións variadas sobre un mesmo tema(ex. Slideshare) ou me poñen en contacto con distintas persoas configurando a miña networking.

E por outra banda, ferramentas que me permiten manipular a información atopada, traballala,compartila e transformala en coñecementos (aprendemos o 90% da información que elaboramos ou lle explicamos a outros )

Non obstante un PLE, non se trata de un entorno ríxido ,senón que permite a súa adaptación ás distintas situacións e a súa evolución no tempo enriquecéndose a medida que crecemos no noso aprendizaxe, e que tamén aumentan as nosas competencias dixitais e a nosa rede de contactos.

martes, 21 de octubre de 2014

Reflexión individual sobre o módulo 2

“ Un orientador laboral debe (se non quere tolear) ter habilidade e axilidade na procura de fontes de información fiables, así como a capacidade de actualizarse e adaptarse a un contexto tan cambiante e comprometido como no que se desenvolve a orientación laboral”




Continuamos avanzando no curso, e rematando o Módulo 2,  no que afrontamos o estudio do marco Persoal do Orientador Laboral, toca facer outra pequena reflexión sobre o tratado nestes  5 últimos temas, e nada mellor que retomar o punto no que rematei a útima vez traballando sobre as habilidades dun orientador laboral. (podedes ver a miña antiga entrada pinchando aquí) 


Nestas últimas semanas definimos as orixes da orientación laboral, e as funcións e competencias que deben desenvolver os e as orientadores e orientadoras.
Tamén falamos en profundidade das competencias comunicativas reflexionado sobre as técnicas que debemos por en marcha para levar a cabo unha comunicación eficaz  e das barreiras que nos podemos atopar e que dificultan os procesos comunicativos.
Relacionadas con estas, tamén se lle dedicou un tema ás competencias sociais coas que todo orientador debe contar.

Se ben o ámbito específico no que cada un desenvolve a súa actividade laboral,así como as características da poboación á que cada orientador ou orientadora presta os seus servizos, van a ser o que máis directamente afecte ás competencias e habilidades que cada un deberá mostrar de forma máis habitual no seu día a día (principios de flexibilidade e individualización) recoñecemos unhas serie de habilidades indispensables para que cada un de nós realice o seu traballo de forma competente.Na seguinte presentación tratase este tema.





Por outra banda un orientador debe levar acabo diversas actividades e polo tanto acarear unha badaxe de coñecementos ampla, algúns exemplos son:
  • O dominio de técnicas de psicoloxía clínica e terapia psicolóxica, coñecemento nos procesos de toma de decisións e das habilidades sociais para a comunicación.
  • Consciencia das metodoloxías didácticas para presentar técnicas de acceso ao emprego e autoemprego
  • Coñecemento da lexislación,normativa específica e recursos sobre emprego,prestacións,fiscalidade, asi como unha boa rede de networking e competencias para o traballo colaborativo e a procura de ligazóns
  • Análise dos perfís profesionais, prospección de emprego e deseño de programas de inserción laboral
  • Actualización permanente
  • Manexo das tecnoloxías da información e a comunicación.
Sen duda son moitas tarefas, e cada unha de elas leva o seu tempo, por iso debemos coñecer tódos os recursos que temos ao noso arredor e nos permiten a optimización do tempo e os esforzos.

 A este respecto as TICs nos ofrecen grandes vantaxes, en canto á permitirnos a comunicación entre persoas sen ter que desprazarnos, ao pór ao alcance da nosa man infinidade de información e coñecemento, e ao darnos ferramentas para xestionar e relacionarse con toda esa información de  modo que podemos aproveitar ( e contribuír) a intelixencia colectiva.

Sen embargo non debemos olvidar que o uso das novas tecnoloxías deben  supoñer unha mellora no noso desempeño profesional en tanto que nos aporta ferramentas para simplificar e facilitarnos as labores e deste xeito poder adicar máis tempo ao obxectivo principal da orientación laboral: Ás persoas

viernes, 17 de octubre de 2014

Reflexión grupal módulo 2 - Comunicación en crise




REFLEXIÓN GRUPAL MÓDULO 2


Durante o relatorio de Fernando Aguilar-Galindo Ávila “Desenvolvemento de competencias comunicativas” puidemos analizar a importancia da competencia comunicativa no desenvolvemento profesional dos orientadores laborais.
En base a isto analizamos a importancia da comunicación non verbal (posturas, acenos...) fronte á verbal (linguaxe proactiva vs. reactiva) e a importancia que a comunicación interpersoal ten na nosa función coma orientadores, destacamos como elemento fundamental o feedback ou retroalimentación.
Nesta comunicación interpersoal, vs. comunicación impersoal, temos que ter en conta  elementos coma as barreiras comunicativas, o ambiente, a coherencia da mensaxe, a percepción do receptor, as vías que empregamos e a aptitude que adoptamos entre outros elementos.
O feedback comunicativo será eficaz cando se dean as seguintes pautas: que sexa aplicable (comportamento susceptible de modificación), neutro (descritivo, non valorativo), oportuno (cándo e cómo sexa preciso), solicitado (non imposto), obxectivo (claro e sen evasivas), directo (facerse persoalmente), específico (non abstracto) e comprobado (cunha retroalimentación que asegure a comprensión).
Todas estas habilidades comunicativas van ter unha importancia fundamental no que queiramos transmitir, polo que o adestramento delas pode sernos moi útil e, en ocasións, evitarnos moitas horas de traballo.

O tempo que invirtamos en traballar e potenciar as nosa habilidades comunicativas non nos vai server só para o noso labor profesional senón que é de capital importancia en todos os ámbitos da vida.
Vexamos un exemplo de actualidade onde quedan reflectidos os aspectos indicados:


Comunicación en crise

O inicio do módulo 2 do Posgrao de Orientación Laboral veu a coincidir coa crise sanitaria do ébola, polo que mentres nos relatorios estabamos a falar da importancia da comunicación, podiamos ver nos medios como esta comunicación adquiría unha capital importancia no afrontamento desta crise sanitaria ate converterse nunha crise comunicativa.
Esta crise comunicativa que se xerou en torno ó ébola, e máis concretamente no primeiro caso de contaxio fora de África, vai moito mais alá da rolda de prensa da ministra de sanidade e dos inoportunos comentarios do conselleiro de sanidade da Comunidade de Madrid. Pero, ¿cómo un problema comunicativo pode chegar a xerar una sensación xeralizada de desinformación e confusión?
Son varios os factores que vimos durante os relatorios de Fernando Aguilar-Galindo e que explican claramente a problemática que se produciu á hora de xestionar esta crise:


1.- Liderazgo comprometido (a rolda de prensa):
Qué fallou nos tres pasos dun bo líder?
- Crer. Na rolda de prensa pretendíase transmitir una boa coordinación entre as distintas autoridades, coa ministra coma líder da mesma. Sen embargo, na propia rolda de prensa quedou de manifesto que non existía comunicación entre as distintas administracións, nin sequera dentro do propio gabinete. A ministra non cria na mensaxe que estaba a transmitir xa que non era unha mensaxe real. Destacar tamén que esto se facía moi evidente na sua linguaxe non verbal.
- Querer. Ante a denuncia por parte da oposición e dos colectivos sociais de falta de información, decídese convocar una rolda de prensa multitudinaria, liderada pola ministra de sanidade, cuxo obxectivo era transmitir calma e serenidade, así como a sensación de que o goberno tiña a crise baixo control. Non se fai porque se queira facer senón pola imperanza da situación.
- Poder. Durante a rolda de prensa quedou patente a debilidade deste liderazgo, comezaron a sair á luz diferentes portavoces sanitarios e o mismísimo conselleiro de sanidade da Comunidade de Madrid, cunhas inoportunas declaración.
A falta de liderazgo fixo perder a confianza de moitos cidadáns no equipo que estaba fronte a esta crise, ate o punto que o propio presidente do goberno veuse na necesidade de apartar á ministra para poñer no seu lugar a unha persoa con moita máis destreza comunicativa e unha grande capacidade de liderazgo, así como nombrar una nova comisión de expertos.


2.- Falta de empatía: o pouco apoio á enfermeira e as críticas ós sanitarios, chegando incluso os entonces portavoces oficiais, conselleiro de sanidade, a acusar á auxiliar de enfermería de mentir. A empatía que os cidadáns mostramos choca frontalmente coa resposta dos organismos oficiais.


3.- Ausencia de feedback eficaz: partindo só da análise dos medios online do ministerio de sanidade, comprobamos que este feedback tería cumprido todos os requisitos para falar dun feedback eficaz:
- Solicitado e oportuno: os cidadáns estaban a demandar información e estábanse a xerar bulos e noticias faltas que ninguén desmentía.
- Neutro: non se aportar datos en tempo real nin sobre a paciente, nin sobre as medidas do goberno, nin sobre os protocolos a seguir en cada momento. As redes sociais do ministerio de sanidade limitáronse a informar da convocatora de prensa.
- Aplicable: o perfil de twitter do ministerio de sanidade conta con 80000 seguidores, e a esas 80000 persoas só se lles informou da convocatoria de prensa.
- Obxectivo, directo e específico: Finalmente o goberno crea un perfil en twitter @info_ebola_es.
- Comprobado: o perfil @info_ebola_es acada os 9500 seguidores nas primeiras horas de existencia.


Pero, qué estaba a facerse mal en todo isto?
- Mensaxe clara: O goberno debería ter creado unha mensaxe común e consensuada. A claridade da mensaxe, con toda a información dispoñible exposta de xeito transparente e veraz tería evitado o alarmismo.
- Portavoz experto: Unha boa elección do líder tería evitado que xurdiran voces dispares e desafortunadas e tería transmitido a sensación de control e evitaría que os cidadáns pasasen do desconcerto á indignación.
- Escoita activa á familia: Debería ter sido o goberno o que informase á familia da infectada e ter falado cos grupos de interese para evitar a alarma social.
- Empatía cos afectados: Neste eido faltou un achegamento dos membro do goberno ós médicos, veciños, e afectados varios. O goberno percibiuse coma extraño e non empático coa situación que estaban a vivir.
- Reforzar e retroalimentar: Esto poderíase ter feito aproveitando o potencial das redes sociais. Poderíase ter creado un canal de información directa sobre o tema, podendo evitarse bulos e xerar un punto de información para que a xente puidese facer as súas preguntas solventando as preocupacións e sospeitas que pudiera ter.


Unha vez máis, nesta crise comunicativa podemos comprobar que en moitas ocasións a percepción que se ten das cousas é moito máis importante que a cousa en sí mesma. E dicir, que si se percibe coma moi grave, convértese en mais grave se cabe. E é función do emisor transmitir a información de xeito claro e veraz para que isto non suceda.







lunes, 13 de octubre de 2014

ACHEGÁNDONOS AO PLE








O conxunto de aplicacións para organizar o me propio entorno de aprendizaxe vai máis aló que as propias ferramentas que me ofrece a web 2.0, así calquera espazo físico no que se produza calquera actuación de aprendizaxe contribúe a a enriquecer o meu entorno, asemade calquera material impreso enriequece os meus propios actos persoais de aprendizaxe, malia iso que as oportunidades que nos brinda o mundo dixital é a aproximación á realidade coiá coa que contamos no século XXI.

As tecnoloxías coa chegada da WEB 2.0 e as redes sociais amplían o entorno e potencian un cambio de modelos de formación, traballo e colaboración persoais e colectivos, achegan algunhas posturas e alonxan outras, porque hoxe en día as novas tecnoloxías son as que dominan o mundo.






domingo, 12 de octubre de 2014

REFLEXIÓN GRUPAL MÓDULO 1

O emprendemento ¿unha solución a longo prazo?


Ultimamente estamos a ser bombardeadas/os con programas para o fomento do emprendemento, a nivel autonómico, a nivel estatal, emprendemento para xóvenes, ninis, emprendemento para mulleres, empredemento para maiores de 45… 


Un dos temas propostos neste primeiro módulo de conceptualización da orientacón laboral é precisamente este, o emprendemento, na sesión presencial falouse da posición que ocupa Galicia (e España) en canto a actividade emprendedora se refire, nos beneficios sociais da creación de empresas, falouse tamén do proceso do emprendemento, da idea, da persoa emprendedora e finalmente do plan de empresa.

Agora nós si que temos unha explicación para tal despliegue de recursos en canto a charlas, formación, e propaganda para o emprendemento. Non obstante, tamén coñecemos a opinión popular e xeneralizada: “Que emprendan eles”

Non vivimos nunha sociedade emprendedora, e iso hai que telo en conta. Polo que cando falamos de emprendemento para o impulso da economía e como remedio para o desemprego non se debe esquecer que se trata dunha solución a longo prazo que esixe un cambio de mentalidade, e esta é una das tarefas máis difíciles que existe.

Todavía temos uns referentes laborais paternos/maternos fundados en persoas que traballaron duramente, pero que sempre se adicaron ó mesmo, e xa dende moi novos. Moitos acabaron creando un negocio que lles deu autoemprego pero sen ningunha experiencia previa de empresarios/as, conseguindo un traballo que lles dese para vivir, a conta de invertir horas incesantes para sacar a diante as súas familias. 

Como consecuencia das propias vivencias eses pais e nais desexaron para os seus fillos e fillas unha boa formación, estudos universitarios, que lles permitirán acadar un “emprego mellor”, e que idealmente se converteran en funcionariado.
E esta é a situación actual, xente que rematou prematuramente os estudios e se atopa descualificada, e xente sobrecualificada, agora si, todos e todas desempregadas.

Como vimos no módulo de Iniciativas emprendedoras como forma de acceso ao mercado laboral, correlaciónanse diferentes razóns para explicar  a desmotivación para emprender:
  • As barreiras mentais levantadas debido á falta de valoración social do empresario. 
  • Falta de ideas de negocio
  • Falta de coñecemento do sector
  • Falta de formación específica para emprender
  • Falta de financiamento
  • Falto de valentía (medo ao fracaso) Os beneficios sociais da creación de empresas:
  • Transfórmase o modelo produtivo 
  • Créase emprego e aumenta a competitividade
  • Créase riqueza e benestar social
Polo que deducimos a necesidade de educar as novas xeración para o autoemprego, sobretodo alimentando a autoestima a autonomía, a toma de iniciativas e a innovación desde o sistema educativo.

¿Pero qué é o que se pode facer a curto prazo?  
Entendemos que a curto prazo as actuacións deberían enforcarse na formación, e sobre todo ao financiamento. 
Pero ¿qué tipo de formación se dá dende as Universidades sobre emprendemento? e ¿É posible emprender dende a Universidade? a resposta probablemente sexa que, non se trasmite o valor de emprender, nin se está dando a formación necesaria, nin todas as universidades contan cos mesmos programas e infrastructuras para emprender. Ben é certo que moitas contan con oficinas ou organismos específicos adicados a promover iniciativas emprendedoras. 

¿É isto suficiente para crear unha sociedade emprendedora? Sen a implicación suficiente por parte do sistema educativo e en especial das universidades que están a formar ao texido probablemente máis preparado para o mercado laboral, non se conseguirá o cambio preciso para poder crear un texido empresarial sólido no noso País.

Ó mesmo tempo vemos como todo o potencial que existe no noso país, conseguido coa inversión do Estado, se está a desperdiciar e está buscando noutros países as oportunidades que non se atopan en España. 

Mentres aquí, se crean medidas para emprendemento marcadas dende Europa, que por ser insuficientes para conseguir os cambios que precisamos, ou porque non se axustan as necesidades reais que vivimos, acaban sendo un parche, que en moitos casos teñen como fin enmascarar unhas cifras sobre o número de persoas desempregadas, e así seguir coutando o malestar xeral no que se atopa a poboación.

O certo é que a pesar da crise, e de que atopar un emprego case se convirte nun soño, o número de persoas que emprenden non mellorou. 

Como vimos na sesión con Fernando Luis Agulló Real a crise provocou unha reducción de emprendemento en España. Xa con anterioridade á Crise a tasa de Emprendemento era baixa en España e máis baixa aínda en Galicia.

As novas iniciativas non están a compensar este cesamento. A tasa de emprendemento aumentou só lixeiramente no 2011, tanto en España como en Galicia, manténdose no 2012.

A motivación emprendedora responde máis a necesidade provocada pola crise, que a detectar unha oportunidade. 
E comparativamente con outros países da UE, España segue sendo un país onde é moi compricado emprender. 

As iniciativas emprendedoras en España nacen:
  • con baixos estándares de calidade. 
  • a persoa promotora é un home de algo máis de 38 anos (percibíndose a disminución de presenza femenina, e por tanto falla de aportación de medidas para fomentar a igualdade)
  • a supervivencia da empresa está moi condicionada polo contorno hostil. 
  • O seu capital é reducido sendo de 18.000€ en 2012 fronte os 30.000€ de 2011. 
Segundo o CIS, o 90% dos e das xóvenes españolas rexeitan a idea de emprender. Fronte a un 70% de mozos e mozas universitarias. Observándose unha clara diferencia en comparativa con outros países como EEUU, na que esta taxa é so do 30%.

Polo que deducimos que esto desemboca nunha perda de emprendedoras e emprendedores que ou ben emigran na búsqueda dun lugar onde sexa máis doado crear un negocio, ou deixan olvidada a idea de negocio polas dificultades que atopan: a complexidade burocrática; costes moi elevados e o clima económico que non favorece; e dificultades atopadas tamén nos e nas emprendedoras dixitais polas barreiras burocráticas (pola falta de regulación en moitas cuestións), falta de inversores/as e maior dificultades para atopar proveedores/as.


Despois do dito, volvémonos a plantexar ¿é o emprendemento unha solución a longo prazo? todo dependerá de como o Estado sexa capaz adaptarse á nosa realidade, investindo os recursos en función  das necesidades reais do mercado laboral, e propiciando a participación dos colectivos máis preparados mediante a formación e/ou experiencia, reproduciendo boas prácticas de países máis experimentados (cando sexa posible, e axustados a nosa realidade socioeconómica).


Pincha aquí para ver o noso