viernes, 7 de noviembre de 2014

A orientación laboral para persoas con discapacidade

A finalidade do presente artigo non é outra que o por de manifesto a necesidade de ofrecer un servizo de orientación laboral especializado ás personas con discapacidade.

 Entre as razón que apoian esta demanda podemos aludir as seguintes:

-                                 As persoas con algunha discapacidade representan un colectivo históricamente excluido do mercado de traballo e con especiais dificultades de inserción laboral.

-                             A inserción laboral e a orientación das persoas con discapacidade teñen claras repercusións, para a familia e para a comunidade cercana desa persoa, e constitúen un promotor de desenvolvemento social e económico do país.





Máis alá destas razóns de xustiza social, existen datos que poñen de manifesto a necesidade de seguir traballando para dar resposta á demanda  de orientación das persoas con discapacidade.


Deste xeito, segundo os datos estatísticos publicados polo Servizo Público de Emprego(SPEG), extráese que do total de persoas que recibiron orientación por parte do SPEG ó longo do 2013, arredor dun 9% foron persoas con discapacidade.

Se analizamos e comparamos estes datos coa poboación total con discapacidade en idade laboral da nosa comunidade, chegamos á conclusión de  que tan só arredor dun  3% destas recibiron orientación laboral a través do SPEG.

Chegados a este punto, tamén nos podemos preguntar o porqué da necesidade dun servizo especializado, é dicir, se pretendemos a súa integración sociolaboral na sociedade, ¿Por qué non reciben  orientación laboral por parte dos centros “ordinarios” de orientación?



Pois ben a resposta é moi clara, porque as persoas que traballan nestes servizos, non contan (nin teñen por qué contar) cos coñecementos necesarias para enfrontarse á orientación de persoas con diversidade funcional, nin contan cos recursos persoais necesarios para elo. Neste senso, non se trata de que a orientación laboral con estes colectivos sexa radicalmente diferente da que se lle oferta a calquera outro demandante de emprego, pero o que si require en moitas ocasións, é do uso dunha metodoloxía e dunhas ferramentas diferenciadas e adaptadas á persoa e sobre todo adaptada ás súas capacidades.

A colaboración coas asociacións que veñen traballando cos diferentes colectivos de  discapacitados e lles prestan servizos no seu día a día é indispensable para proporcionar un servizo que dea resposta ás demandas deste colectivo, de aí a colaboración que neste sentido está a manter a Consellería de Traballo con estas asociacións a través dos Centros de Orientación Especial.

Gracias a estes convenios, as persoas con algunha discapacidade poden acceder a un servizo de orientación laboral, profesional e especializado, que persigue como obxetivo último, a súa inclusión sociolaboral na sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario