domingo, 23 de noviembre de 2014

O noso Itineario no Posgrao de Orientación Laboral


O marco instrumental da Orientación Laboral


O módulo tres do Posgrao en Orientación Laboral meteunos de cheo no traballo e no día a día do orientador laboral. Dende a chegada da persoa que solicita a orientación ate que esa persoa consegue un emprego ou decide crear a súa propia empresa.


Pero para recorrer este camiño con éxito é fundamental elaborar un bo itinerario, un itinerario que non só debe, senón que obrigatoriamente ten que estar consensuado co desempregado, xa que se non acadamos ese compromiso dende o primeiro momento, a nosa orientación estará abocada ao fracaso.
 

Unha vez elaborado o itinerario debemos acompañar ó demandante durante o percorrido polo mesmo, facendo modificacións no mesmo se as circunstancias o requirisen. O itinerario non é algo ríxido, pero as modificacións han ser razoadas e consensuadas.



Un bo coñecemento sobre o entorno laboral será fundamental para poder axudar ó demandante na toma de decisións, así como asesoralo sobre cara onde orientar a súa formación e a súa busca de emprego.



Fixemos un especial fincapé na presentación dos candidatos ante as empresas nos casos do currículum ou das entrevistas de traballo. Puidemos coñecer de primeira man os condicionantes e requisitos cos que están a traballar na actualidade as principais empresas de selección.

Por suposto, nestes puntos xurdiron controvertidos debates, porque a realidade sempre acaba superando a teoría e o que cada un considera mellor ou idóneo. Creo que este punto nos pode servir de reflexión para darnos conta de que, cando estamos a realizar unha orientación, debemos actuar seguindo a realidade que nos rodea, deixando de lado a nosa subxectividade e a nosa tendencia a crer que o mais ‘sensato’, o mais ‘razoable’, é sempre o mellor e o máis acorde coa realidade que nos rodea.

O longo de todo o posgrao, a medida que fomos avanzando nas tarefas marcadas, a medida que fun lendo as opinións dalgúns compañeiros sobre a cantidade de tarefas, a dificultade das mesmas… e fun vendo como pouco a pouco cada un ía desenrolándoas con máis ou menos esforzo, non puiden por mais que lembrar o que nos ocorre cos orientados.

Con isto refírome a cando nun inicio marcas un itinerario cunhas tarefas, ambas partes coñecen dende un inicio as tarefas a desenrolar, pero a medida que imos avanzando nelas o orientado busca mil e unha escusa para non facelas…


Supoño que o proceso, visto con ironía, ten sido algo similar. Menos mal que a duración do posgrao non nos deu para a depresión, e que contabamos con excelentes compañeiros (orientadores laborales) que nos acompañaron e apoiaron durante todo o proceso.



Persoalmente, as exposicións dos poñentes externos aportáronme unha visión da realidade que outorga grande valor a todo o contido teórico.

Este último módulo, moito máis práctico e con intervencións de poñentes externos, resultoume de gran proveito e moito máis ameno pese a toda a teoría que supuxeron partes coma a do plan de empresa para o que, se ben non considero que estea preparada para levar a cabo un plan de empresa con éxito, si conto coas ferramentas e os recursos necesarios para saber se o orientado pode estalo contando cos apoios axeitados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario