lunes, 27 de octubre de 2014

A curación de Contidos, ou como separar o gran da palla.


A masividade e facilidade do acceso á información é unha das virtudes, e á vez un dos prexuízos, máis xeralmente atribuídos á rede.


Seguramente en moitas ocasións temos escoitado “que un non pode fiarse do que lee en internet” o que nos leva a desempeñar un papel activo na selección das nosas fontes de información e responsabilidade na difusión da mesma.

Polo tanto cada un de nos debe sumar ao súa bagaxe de coñecementos e competecias a habilidade para obter, seleccionar,organizar e xestionar as cantidades inxentes de información ás que temos acceso cada día.



A este proceso fai referencia a filtraxe,agregación e curación de información.

  • Filtraxe: Criba de información en relación a un tema e contexto específico.
  • Agregación: Recompilación e presentación da información sobre un mesmo tema e contextos que previamente tiñamos filtrado.
  • Curación: Implica manter,conservar e engadir valor á información atopada.



Para facilitarnos estas tarefas existen multitude de recursos na rede, un deles é SCOOP.IT que nos ofrece un servizo de recompilación actualizada e constante de enlaces, e ademáis nos permite crear unha páxina onde recompilar os contidos relacionados co tópico ou tema escollidos.



Pinchando aquí podedes ver un exemplo de curación de contidos empregando esta ferramenta.



Outra interesante ferramenta que nos axuda a xesión da información é feedly. FEEDLY é un lector de RSS a través do que podemos leer os feeds de diferentes portais aos que estamos “suscritos” coñecendo as novas de forma inmediata á súa publicación, tratase dunha ferramenta moi útil para aforrar tempo e ter ordenados os contidos que puideran ser do noso interese. 






Tendo en conta a cantidade de información que deben manexar os e as orientadores/as laborais estas son dúas da infinidade de ferramentas online dispoñibles para aforrar un dos recursos máis escasos na actualidade: o tempo

No hay comentarios:

Publicar un comentario