Reflexión sobre o marco persoal da orientación laboral
Durante o achegamento ó marco persoal da orientación laboral, nas sesións do Módulo 2 do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, tivemos a oportunidade de desfacernos dos temores que nos dan as redes sociais, descubrindo que estes temores se producen moitas veces polo decoñecemento do funcionamento das relacións interpersoais.
E cando falamos de relacións interpersoais falamos de todas as redes sociais, de todas esas redes que constitúen o noso ámbito relacional e de cómo a comunicación que mantemos coas mesmas é fundamental para o noso desenrolo profesional e persoal.
Carlos Parada fíxonos ver cómo o temor que temos cando nenos ás relacións interpersoais é perfectamente asimilable ó que lles pasa a aquelas persoas ou empresas (emprendedores) que non se atreven a adentrarse no mundo dos Medios Sociais; estas son outras redes pero ó final tamén serven para ‘pescar’.
Perder o medo ós Medios Sociais é o primeiro paso a dar para poder madurar no mundo 3.0. E o único xeito de perder o medo é comezar a tomar contacto con eles, formarnos e probar, experimentar cos coñecementos que se van adquirindo. Poderíamos dicir que, a manexar os Medios Sociais apréndese “enredando”.
A falta de formación neste área e os vicios adquiridos do uso persoal dos distintos Medios Sociais levan a moitas persoas a naufragar nos seus inicios, o que provoca que moitos desistan dos seus intentos. Temos que ser pacientes e ir pouco a pouco, no mundo online para ter éxito temos que contar coas ferramentas, os coñecementos e as persoas axeitadas.
Perder o medo ós Medios Sociais, conséguese aumentando a nosa formación nese ámbito e facendo partícipe ó noso entorno, só así poderemos dotar de forza o noso “eu 3.0.”. Non debemos ter medo ás críticas na internet nin a que a xente opine sobre nos, porque desas opinións salerán puntos de mellora e faremos moito máis humán e próxima a nosa persoa.
Adentrémonos no mar e votemos as nosas redes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario