miércoles, 29 de octubre de 2014

Curación de Contidos Dixitais co Feedly

Máis dunha vez teño pensado en que facer, en medio de tanta información que atopamos na red: medios dixitais, ferramentas de comunicación, redes sociais... e que nos satura con  información que non é  pertinente para o que preciso. 


 Para escapar desta "infoxicación",  poder escoller a información relevante, existe a curación de contidos que cobra cada vez máis relevancia nesta maraña de información. A súa función é a de buscar, agrupar, organizar, filtrar, dotar de valor e compartir online os contidos que usamos para trasformalos en coñecementos.

Existen multiples recursos na rede que podemos empregar para buscar contido, mostralo para as nosas redes sociais ou para publicalo unha vez curado.

Entre as que están o Feedly.com que nos permite organizar as nosas fontes en carpetas para poder elexir os temas que queremos leer.

VENTAXAS

O organizador de Feedly é moi intuitivo e permítenos pasar fontes dunha carpeta arrastrándoas. Ademais da opción e ler todas as noticias xuntas ou separadas por carpetas, e incluso deixar anotadas as que queres leer máis tarde.

Outra ventaxa que lle atopo é que permite instalalo no móvil, podendo así ter acceso aos contidos do noso interese dende éste.

DESVENTAXAS

A maior desventaxa que lle atopo é que non ten elección do idioma

Aquí vos deixo unha mostra do meu panel de Feedly, cos meus contidos profesionais.
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario