lunes, 27 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MARCO PERSOAL DA ORIENTACIÓN LABORAL







O contexto no que se moven as habilidades sociais é complexo: comunicar é intercambiar información dun xeito lineal, bidireccional, sen excesos improdutivos conleva desenvolver  habilidades e destrezas encamiñadas a xestionar determinadas situacións, moitas veces complicadas.

As habilidades sociais e a asertividade son conceptos que para algunhas persoas camiñan separados e para outros van unidos: a asertividade é en si mesma un comportamento, unha aptitude, unha capacidade de conectar cos demais. É un termo que abrangue un abano amplo de aptitudes, como a comprensión, a empatía, a capacidade de diálogo, de transmitir opinións e crenzas sen invadir o terreo do interlocutor, en definitiva, trátase dunha postura neutra, non excesiva mais correcta e segura. É importante determinar que asertividade non implica sempre complacencia cara ao interlocutor xa que hai condutas que levan moitas veces ao orientador laboral a situacións límites que ha de xestionar de xeito inmediato. Un formador non ten que ser sempre un amigo, que escoita pacientemente e sen pronunciarse, polo contrario, ten moitas veces que asumir o rol dunha persoa tolerante pero recta, educada mais exixente, próxima pero implacable, respectuoso pero tenro.

Resulta fundamental que un orientador sexa capaz de xestionar a súa propia vida de maneira efectiva, que teña capacidade de superación e control. A súa propia seguridade conectará dun xeito inmediato e natural cun  interlocutor ávido de respostas é alimentará a autoestima dun receptor necesitado de  apoio comprensión.


Reformular, reforzar e reconducir determinadas aptitudes convírtese moitas veces nun labor complicado que un formador debe solventar de xeito eficaz, tratar de minimizar situacións, canalizar emocións e sentimentos e empatizar sen caer no ridículo require utilizar destrezas e habilidades a maioría das veces máis que complicadas.

Resulta imprescindible por outra banda, facer unha mención explícita do que supón ter coñecemento das competencias dixitais na orientación laboral en particular e na vida en xeral. Hoxe en día, como se de un mantra se tratara, "estamos na era das novas tecnoloxías", todo se virtualiza ata o extremo de que se non contas cunha conexión a internet pouco che queda por facer. Multimedia, redes sociais, aplicacións, páxinas Web, e-mails...son termos cotiáns que a xente manexa de xeito habitual. 

Aínda que nunca me considerei del todo unha analfabeta virtual, que sempre estiven interesada en todo o mundo virtual, sen vocación de predecir o futuro, confieso que neste curso aprendín, que por un lado me parece que a inxesta tecnolóxica de que todo estea dixitalizado e informatizado, pode dalgunha forma favorecer a desaparición de profesións e ocupación tan útiles no seu momento como obsoletas agora, por outro, as novas tecnoloxías favorecen a comunicación, o acceso e o achegamento a situacións, persoas e informacións... que antes resultaban inalcanzables. Estas situacións que poden resultar controvertidas e chocantes e o que antes era considerado como un mantra agora e unha realidade...todo ou case todo pasa por internet... se te queres inscribir nalgún sitio tes que darte de alta nalgunha web, se queres mercar algo tamén podes recorrer a internet, se queres falar con alguén que estea noutro lado do mundo tamén o podes facer, mesmo ás veces é o único xeito de acceder a determinadas xestións. Definitivamente, guste ou non, o século XXI é a era dixital e de nada sirve agochar a cabeza e  alonxarnos da realidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario