domingo, 12 de octubre de 2014

REFLEXIÓN GRUPAL MÓDULO 1

O emprendemento ¿unha solución a longo prazo?


Ultimamente estamos a ser bombardeadas/os con programas para o fomento do emprendemento, a nivel autonómico, a nivel estatal, emprendemento para xóvenes, ninis, emprendemento para mulleres, empredemento para maiores de 45… 


Un dos temas propostos neste primeiro módulo de conceptualización da orientacón laboral é precisamente este, o emprendemento, na sesión presencial falouse da posición que ocupa Galicia (e España) en canto a actividade emprendedora se refire, nos beneficios sociais da creación de empresas, falouse tamén do proceso do emprendemento, da idea, da persoa emprendedora e finalmente do plan de empresa.

Agora nós si que temos unha explicación para tal despliegue de recursos en canto a charlas, formación, e propaganda para o emprendemento. Non obstante, tamén coñecemos a opinión popular e xeneralizada: “Que emprendan eles”

Non vivimos nunha sociedade emprendedora, e iso hai que telo en conta. Polo que cando falamos de emprendemento para o impulso da economía e como remedio para o desemprego non se debe esquecer que se trata dunha solución a longo prazo que esixe un cambio de mentalidade, e esta é una das tarefas máis difíciles que existe.

Todavía temos uns referentes laborais paternos/maternos fundados en persoas que traballaron duramente, pero que sempre se adicaron ó mesmo, e xa dende moi novos. Moitos acabaron creando un negocio que lles deu autoemprego pero sen ningunha experiencia previa de empresarios/as, conseguindo un traballo que lles dese para vivir, a conta de invertir horas incesantes para sacar a diante as súas familias. 

Como consecuencia das propias vivencias eses pais e nais desexaron para os seus fillos e fillas unha boa formación, estudos universitarios, que lles permitirán acadar un “emprego mellor”, e que idealmente se converteran en funcionariado.
E esta é a situación actual, xente que rematou prematuramente os estudios e se atopa descualificada, e xente sobrecualificada, agora si, todos e todas desempregadas.

Como vimos no módulo de Iniciativas emprendedoras como forma de acceso ao mercado laboral, correlaciónanse diferentes razóns para explicar  a desmotivación para emprender:
  • As barreiras mentais levantadas debido á falta de valoración social do empresario. 
  • Falta de ideas de negocio
  • Falta de coñecemento do sector
  • Falta de formación específica para emprender
  • Falta de financiamento
  • Falto de valentía (medo ao fracaso) Os beneficios sociais da creación de empresas:
  • Transfórmase o modelo produtivo 
  • Créase emprego e aumenta a competitividade
  • Créase riqueza e benestar social
Polo que deducimos a necesidade de educar as novas xeración para o autoemprego, sobretodo alimentando a autoestima a autonomía, a toma de iniciativas e a innovación desde o sistema educativo.

¿Pero qué é o que se pode facer a curto prazo?  
Entendemos que a curto prazo as actuacións deberían enforcarse na formación, e sobre todo ao financiamento. 
Pero ¿qué tipo de formación se dá dende as Universidades sobre emprendemento? e ¿É posible emprender dende a Universidade? a resposta probablemente sexa que, non se trasmite o valor de emprender, nin se está dando a formación necesaria, nin todas as universidades contan cos mesmos programas e infrastructuras para emprender. Ben é certo que moitas contan con oficinas ou organismos específicos adicados a promover iniciativas emprendedoras. 

¿É isto suficiente para crear unha sociedade emprendedora? Sen a implicación suficiente por parte do sistema educativo e en especial das universidades que están a formar ao texido probablemente máis preparado para o mercado laboral, non se conseguirá o cambio preciso para poder crear un texido empresarial sólido no noso País.

Ó mesmo tempo vemos como todo o potencial que existe no noso país, conseguido coa inversión do Estado, se está a desperdiciar e está buscando noutros países as oportunidades que non se atopan en España. 

Mentres aquí, se crean medidas para emprendemento marcadas dende Europa, que por ser insuficientes para conseguir os cambios que precisamos, ou porque non se axustan as necesidades reais que vivimos, acaban sendo un parche, que en moitos casos teñen como fin enmascarar unhas cifras sobre o número de persoas desempregadas, e así seguir coutando o malestar xeral no que se atopa a poboación.

O certo é que a pesar da crise, e de que atopar un emprego case se convirte nun soño, o número de persoas que emprenden non mellorou. 

Como vimos na sesión con Fernando Luis Agulló Real a crise provocou unha reducción de emprendemento en España. Xa con anterioridade á Crise a tasa de Emprendemento era baixa en España e máis baixa aínda en Galicia.

As novas iniciativas non están a compensar este cesamento. A tasa de emprendemento aumentou só lixeiramente no 2011, tanto en España como en Galicia, manténdose no 2012.

A motivación emprendedora responde máis a necesidade provocada pola crise, que a detectar unha oportunidade. 
E comparativamente con outros países da UE, España segue sendo un país onde é moi compricado emprender. 

As iniciativas emprendedoras en España nacen:
  • con baixos estándares de calidade. 
  • a persoa promotora é un home de algo máis de 38 anos (percibíndose a disminución de presenza femenina, e por tanto falla de aportación de medidas para fomentar a igualdade)
  • a supervivencia da empresa está moi condicionada polo contorno hostil. 
  • O seu capital é reducido sendo de 18.000€ en 2012 fronte os 30.000€ de 2011. 
Segundo o CIS, o 90% dos e das xóvenes españolas rexeitan a idea de emprender. Fronte a un 70% de mozos e mozas universitarias. Observándose unha clara diferencia en comparativa con outros países como EEUU, na que esta taxa é so do 30%.

Polo que deducimos que esto desemboca nunha perda de emprendedoras e emprendedores que ou ben emigran na búsqueda dun lugar onde sexa máis doado crear un negocio, ou deixan olvidada a idea de negocio polas dificultades que atopan: a complexidade burocrática; costes moi elevados e o clima económico que non favorece; e dificultades atopadas tamén nos e nas emprendedoras dixitais polas barreiras burocráticas (pola falta de regulación en moitas cuestións), falta de inversores/as e maior dificultades para atopar proveedores/as.


Despois do dito, volvémonos a plantexar ¿é o emprendemento unha solución a longo prazo? todo dependerá de como o Estado sexa capaz adaptarse á nosa realidade, investindo os recursos en función  das necesidades reais do mercado laboral, e propiciando a participación dos colectivos máis preparados mediante a formación e/ou experiencia, reproduciendo boas prácticas de países máis experimentados (cando sexa posible, e axustados a nosa realidade socioeconómica).


Pincha aquí para ver o noso

No hay comentarios:

Publicar un comentario