jueves, 9 de octubre de 2014

O PRIMEIRO MODULO DO CEOL

       
O PRIMEIRO MODULO DO CEOL

Como todo neste curso, foi moi intenso; analizamos en profundidade o marco de referencia da orientación laboral, o mercado laboral, a certificación e formación profesional, a política social e de emprego na Unión Europea e, por último, a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

Son moitos conceptos, moitas reflexións e moitos datos a ter en conta. Fan falta grandes doses de organización e niso nos será de gran utilidade a formación transversal en novas tecnoloxías.


Desde o traspaso á Xunta de Galicia en 1997 das políticas activas de emprego, o panorama da orientación foi  adquirindo paulatinamente maior peso (ou iso quero crer) por moitos factores: as políticas europeas, a globalización e a sociedade do coñecemento, as TICs, a crise económica e os cambios no mercado de traballo, entre outras.

O eido da formación tamén está a cobrar un gran auxe coa idea da aprendizaxe permanente ao longo da vida, e constitúe un campo donde os profesionais da orientación temos moito que facer. É apaixoante e motivadora a posibilidade que ten cada un de facer valer a súa formación regrada, non regrada, formal e informal, así como a experiencia.

A formación profesional regrada e a formación profesional para o emprego converxen nunha mesma idea: a cualificación; integrando as ofertas de formación profesional a través do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais  -CNCP-.

Traballamos os conceptos de competencia e cualificación. Cualificación como estandarización de competencias, conxunto de competencias profesionais con significación para o emprego; competencia como conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o desempeño de actividades profesionais conforme ás esixencias da producción e o emprego.

Actualmente non hai que pensar tanto en títulos ou en profesións senón en habilidades e servizos. As ensinanzas de formación profesional rexistran máis solicitudes e cada vez están mellor valoradas. Temos a formación profesional dual, a distancia, etc. Algo, moito, está cambiando.

A Unión Europea, esa gran descoñecida, tamén nos ofrece moitas oportunidades que temos que mergullar; ademáis de sinalar a folla de ruta nas políticas sociais e laborais.

O SEPE, xunto cos servizos públicos de emprego das CCAA, forman o Sistema Nacional de Emprego desde o  que se promoven, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, das que a execución é descentralizada, axustada ás diferentes realidades territoriais.

Os destinatarios do Sistema Nacional de Emprego son as persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo; as persoas emprendedoras que teñan una idea de negocio e as empresas.

Paralelamente, as políticas activas de emprego non só recollen propostas e medidas para mellorar as políticas de acceso ao emprego senón tamén para o mantemento do emprego e a promoción das persoas ocupadas, así como o fomento do espírito empresarial e a economía social.

Hoxe loitamos por atopar emprego pero tamén por conservar o posto de traballo, é necesario reinventarse profesionalmente, adquirir competencias transversais e especializarse.

A Unión Europea ten una competencia complementaria a dos estados membros en materia de emprego co obxectivo de elaborar una estratexia común. Actualmente, a Estratexia Europea 2020 pretende ser un revulsivo á crise e preparar Europa para o futuro baseándose no crecemento intelixente, o crecemento sustentable e o crecemento integrador.

Para poder realizar esta competencia conta con recursos financeiros propios: o FEDER e o FSE.

Todo esto nun mercado laboral dinámico e cambiante cun incremento de presencia da muller, un aumento da producción e disminución de postos de traballo, aparición de novas profesións, competividade, aumento da mecanización, reducción de xornada laboral, necesidade de aprender e adaptarse aos cambios tecnolóxicos en moitas profesións ou oficios, así como a esixencia da implicación das persoas traballadoras no funcionamento da empresa, valorándose cada vez máis a capacidade de organización e a iniciativa.

Atísbase o esforzo que están a facer as administracións para promocionar o emprendemento, apoiando ás persoas emprendedoras como axentes dinamizadores da economía. A simplificación administrativa é un dos eixes principais sobre os que se move a nova regulación, ao tempo que se poñen en marcha servizos de apoio ao emprendedor, mellorando o acceso ao financiamento, incluíndo a educación e a experiencia profesional nos plans de estudos así como facilitando a creación, venda, transformación e refundación de empresas.


En materia de emprendemento, as persoas maiores son consideradas un recurso valioso para a iniciativa empresarial valorándose a súa experiencia. Esto, xunto con que sexan colectivo prioritario, esta vez os maiores de 55 anos, nas políticas activas de emprego, paréceme moi interesante pois eu traballo nunha zona rural nunha das provincias con maior taxa de envellecemento da poboación e atendo a moitos desempregados destas idades que perderon o seu posto de traballo e non teñen cualificación. A maioría considéranse “vellos” para traballar. Esta sensación probablemente llela inculcou o propio sistema. Espero que esta percepción cambie. Como dicía un familiar que sempre apreciei moito, referíndose á idade: “ Como te ves, me vi; como me ves te verás…. y qué pronto se llega!”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario