sábado, 25 de octubre de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 2: A Orientación Laboral e as competencias

Neste segundo percorrido polo Postgrado en Orientación laboral, estivemos aondando no tema que nos ocupa que é a Orientación laboral, as comentencias comunicativas e habilidades sociais que debe ter un/ha Orientador/a laboral, e a aplicación das TIC para poder aplicalo no noso exercicio profesional.

PERFIL PROFESIONAL DO/A ORIENTADOR/A LABORAL

Según Echeverría "A Orientación laboral debe abarcar o ámbito de traballo ao longo de toda a vida. O proceso de MEDIACIÓN que facilita o orientador debe iniciarse coa autoavaliación das calidades e potencial de cada persoa". 

Esta definición apórtanos a base do que significa ser Orientador/a, pero esquécese da importancia de incluir ás mulleres como axentes mediadores. 


O uso dunha linguaxe que invisibiliza ás mulleres nesta profesión, fomenta a negación das mulleres na participación neste eido.
 
A falta de emprego é unha das principais razóns sobre as que e asenta a exclusión social do que son obxeto na actualidade un gran número de persoas, especialmente as mulleres con unha tasa de de paro que supera con creces a dos homes. 

Polo que a adopción dunha política de Igualdade de Oportunidades, tanto no ámbito de Emprego, como no de formación, non é só unha cuestión de xustiza social, senón dun factor de desenvolvemento económico, estreitamente vinculado á xestión dos recursos humáns.
 
Según o Instituto Nacional de Estadística, en España no ano 2011, o número de mulleres graduadas en Educación superior era do  34,7% superior ao  número de homes graduados (134,7 mulleres por cada 100 hombres). Esta cifra era do 40,1% no ano 2008. As estadísticas mostran o gran potencial que ten o país, que se está a desperdiciar. E as dificultades de accesibilidade por parte das mulleres  a sectores masculinizados.

Neste marco, a perspectiva de xénero é unha ferramenta que, debemos ter presente os/as orientadores/as a hora de sensibilizar ao texido empresarial, informando das axudas e subvencións existentes cara a contratación de mulleres.  Así como, cara unha boa praxis, proporcionando unha orientación ás persoas desempregadas a determinados postos laborais, sen prexuizos de xénero, discapacidade, cultura, raza...
 
Dito esto, poderemos dar unha definición máis acorde do que é a Orientación laboral: proceso de axuda e acompañamento no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que sitúe a persoa nunha posición favorable ante o emprego e lle posibilite o acceso e mantemento do posto de traballo. 

A miña visión sobre a orientación laboral, é que constitúe a peza de engranaxe entre a oferta e a demanda no mercado laboral. No que se preste un servizo integral, tanto individualizado, e con unha visión que toma como referencia o contexto, do que forma parte e no que intervén como axente de cambio.

A individualización, flexibilidade, e desenvolvemento /procura da autonomía, son principios que debe cumprir
o/a orientador/a labora.

Para ser Orientador/a laboral, é preciso ser unha persoa COMPETENTE. 
Non só se lle pide saber (competencia técnica) e saber facer (competencia metodolóxica), senón tambén saber estar (competencia participativa) e no fondo saber ser (competencia persoal).

Esto lévanos a falar das dotes comunicativas que debe de ter un/ha Orientador/a laboral, como parte das competencias participativa e persoal: "saber estar" e "saber ser".

HABILIDADES SOCIAIS E INTELIXENCIA EMOCIONAL DUN E DUNHA ORIENTADORA LABORAL

As sesións presenciais de Fernando Aguiar, foron moi fructíferas para min, xa que considero que debemos coñecer a importancia da linguaxe e de como repercute na nosa comunicación interpersoal. Habilidades que debe de ter o/a orientador/a laboral (así como moitas e moitos profesionais que teñe unha unha intervención directa cos persoas ex: médicas/os, profesorado, etc.).

Debemos ser conscientes das características da comunicación e do tipo de comunicación que empregamos, procurando empregar unha comunicación asertiva que nos achega ás persoas coas que traballamos, que en moitos casos veñen con ansiedade, depresión, estrés.... provocadas por estar en desemprego.

Para poder traballar dende esta perspectiva interpersoal, é preciso un proceso de autocoñecemento, afrontando unha conducta proactiva para poder trasmitilo as usuarias e usuarios cos que interveñamos.

Ser conscientes sobre a nosa vida, fixándonos obxetivos e traballar duro para lograros.
Asumindo unha actitude proactiva, o que supón saír da nosa zona de confort, para ser capaces de arriscar. Afrontando a adversidade como oportunidades. Poñendo en marcha a creatividade e a capacidade de innovar, tomando as nosas propias decisións e loitando para conseguilas.

AS COMPETENCIAS DIXITAIS DO/A ORIENTADOR/A LABORAL

As TIC son unha ferramenta moi útil na búsqueda de emprego, tanto na búsqueda de novos recursos onde atopar emprego, como na capacidade de poder visibilizarse e destacar nun mundo cada vez máis competitivo.

Durante as sesións de Carlos Parada, e na práctica realizada durante o curso, coñecimos unha gran variedade de recursos Tecnolóxicos da Web 2.0 ao noso alcance para diversos fins que poden ser de gran utilidade na práctica laboral, como orientadores/as laborais, como para trasmirlles aos/as usuarios/as do nosos servizo.

Partícipe na web 2.0,  en continuo proceso de aprendizaxe o/a orientador/a debe posuir unha formación axeitada no uso das TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñecemento), e nas TIC.
 
Con ditas ferramentas, mellorarase o servizo prestado pola orientación laboral, tanto na búsqueda de recursos para a inserción laboral e mantemento do emprego, como coñecedores/as de novos nichos profesionais que están aparecendo e aparecerán no futuro en torno ás TIC.
 
Actualmente vivimos nun momento de revolución tecnolóxica que está influindo en todos os sectores, e dos que non debe afastarse a orientación laboral. Como disciplina que debe adaptarse continuamente aos cambios que se producen no mercado laboral, así como, na repercusión que teñen as TIC en sentido amplo, como escenario social no que se están a desenvolver as persoas que buscan emprego. 

Por outro lado, as nova sociedade da información, supón riscos e ameazas que poden incrementr as desigualdades sociais e económicas xa exitentes mediante a "brecha dixital" (tal como comentaban as miñas compañeiras).  A disparidade entre quenes teñen acceso real ás TIC e quenen non o teñen.
 
Neste sentido os e as orientadores deben adoptar o papel de axentes sociais de cambio, promovendo e facilitando, na medida do posible, o acceso dos e das usuarias aos recursos tecnolóxicos, para facilitar a búsqueda de emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario