miércoles, 8 de octubre de 2014

Paso - Inspiración - Varrida




   “Cando Beppo varría as rúas da cidade, facíao a modo pero con constancia... - Ves Momo, as cousas fanse así: as veces tes ante ti unha rúa longuisima, terriblemente longa, tanto que cres que nunca poderás rematala... Nunca se ten que pensar en toda a rúa dunha vez. Só hai que pensar no paso seguinte, na inspiración seguinte, na seguinte varrida. Entón e divertido; iso é o importante, porque entón faise ben a tarefa e así ten que ser.”
Momo” (Michael Ende)


O noso primeiro tramo está “varrido”, xa coñecemos a principal normativa coa que teremos que traballar, tanto a nivel autonómico como a nivel estatal e europeo. Sabemos dos recursos dos que podemos dotar e sobre os que podemos asesorar ós nosos orientados, tanto en temas de políticas activas coma de políticas pasivas de emprego. E podemos incluso introducilos nas alternativas europeas tanto cara a súa formación coma cara a súa incorporación a outros mercados laborais.
E, de ser o caso, podemos guialos na súa procura do emprendemento.

A introdución de todos estes temas é ardua e insidiosa para nos, somos na nosa maioría, desa xeración na que uns país sen estudos sacrificaron gran parte dos seus anos de vida na procura de recursos para que os seus fillos puidesen estudar unha carreira.
Somos esa xeración á que nos prometeron que uns estudos nos aportarían posibilidades de futuro e a que nos falaron de estabilidade.
Somos eses "novos" que ven pasar os anos con menos posibilidades de emprego cada día, mentres ouvimos mareas de se foi mellor unha carreira ou teriamos que ternos decantado por unha FP.
Somos esa xente que cando dis “emprendedor” oe “autónomo” e á que o traballo no estranxeiro só lle lembra á pereza de estudar idiomas.
Somos esa xeración que viviu na esperanza do futuro e convive co que puido ser e non foi.
Para nos é difícil falar de todo isto, para nos non é sinxelo asesorar a ninguén sobre o que é ou debe ser mellor en materia de emprego.

Pero somos tamén a xeración da esperanza, porque hai moito por facer, porque temos que reinventarnos e deixarnos levar polos novos aires de cambio. Porque cando nós empecemos a coñecer os medios sociais, moitos deles xa tenderán a desaparecer, pero pode que moitos deles teñan medrado con nós.

Agora iniciamos o segundo paso. Sabemos que todo irá ben se nos poñemos pequenas metas, axeitadas, sen angustias nin medos, confiando plenamente nas nosas posibilidades.


Ánimo e adiante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario