martes, 28 de octubre de 2014

Curar dos nosos contidos


En Internet hai preto de 60 millóns de páxinas web de información, e pola rede circulan unhas 100.000 mensaxes públicas diarias con todo tipo de referencias. Isto implica, por unha banda a facilidade de acceso á información que temos hoxe en día, e por outra desvela a complicación que supón atopar esta información na rede.

Por iso, cando un usuario accede por primeira vez á rede, a tarefa que se antolla máis complicada e a realización de búsquedas o máis acertadas posibles e isto é case un arte. Máis se cabe cando toda esta información valiosa da que falamos se rodea dunha morea, cada vez maior por certo, de información irrelevante, ‘ruído’.


Existe moita información obxectiva na rede, pero tamén existen cada día máis opinións. E sobre estas opinións e preciso realizar un bo filtrado. Un bo filtrado que non só nos ofreza información veraz, senón que ademais sexa información relevante para os seguidores das nosas redes, aportando valor ás mesmas e posicionando a nosa imaxe.
Levar a cabo una ardua labor de recolección, criba, elaboración e distribución de contidos, permitiranos mellorar o noso posicionamento nas redes, mellorando a nosa reputación e ampliando a nosa comunidade de contactos.


Un bo curador de contidos, ‘content curator’, invirte moitísimas horas nestas tarefas antes de subir una publicación. Por suposto hoxe en día existen numerosas ferramentas que poden axudarnos en tan ardua labor, o que permite aforra moito tempo, xa que se trata de ferramentas que realizan de forma automática os procesos de recolección e criba dos contidos.
Unha destas ferramentas, de sinxelo manexo, e Feedly.com. Déixovos unha visual da miña home.



No hay comentarios:

Publicar un comentario