martes, 21 de octubre de 2014

Reflexión individual sobre o módulo 2

“ Un orientador laboral debe (se non quere tolear) ter habilidade e axilidade na procura de fontes de información fiables, así como a capacidade de actualizarse e adaptarse a un contexto tan cambiante e comprometido como no que se desenvolve a orientación laboral”




Continuamos avanzando no curso, e rematando o Módulo 2,  no que afrontamos o estudio do marco Persoal do Orientador Laboral, toca facer outra pequena reflexión sobre o tratado nestes  5 últimos temas, e nada mellor que retomar o punto no que rematei a útima vez traballando sobre as habilidades dun orientador laboral. (podedes ver a miña antiga entrada pinchando aquí) 


Nestas últimas semanas definimos as orixes da orientación laboral, e as funcións e competencias que deben desenvolver os e as orientadores e orientadoras.
Tamén falamos en profundidade das competencias comunicativas reflexionado sobre as técnicas que debemos por en marcha para levar a cabo unha comunicación eficaz  e das barreiras que nos podemos atopar e que dificultan os procesos comunicativos.
Relacionadas con estas, tamén se lle dedicou un tema ás competencias sociais coas que todo orientador debe contar.

Se ben o ámbito específico no que cada un desenvolve a súa actividade laboral,así como as características da poboación á que cada orientador ou orientadora presta os seus servizos, van a ser o que máis directamente afecte ás competencias e habilidades que cada un deberá mostrar de forma máis habitual no seu día a día (principios de flexibilidade e individualización) recoñecemos unhas serie de habilidades indispensables para que cada un de nós realice o seu traballo de forma competente.Na seguinte presentación tratase este tema.





Por outra banda un orientador debe levar acabo diversas actividades e polo tanto acarear unha badaxe de coñecementos ampla, algúns exemplos son:
  • O dominio de técnicas de psicoloxía clínica e terapia psicolóxica, coñecemento nos procesos de toma de decisións e das habilidades sociais para a comunicación.
  • Consciencia das metodoloxías didácticas para presentar técnicas de acceso ao emprego e autoemprego
  • Coñecemento da lexislación,normativa específica e recursos sobre emprego,prestacións,fiscalidade, asi como unha boa rede de networking e competencias para o traballo colaborativo e a procura de ligazóns
  • Análise dos perfís profesionais, prospección de emprego e deseño de programas de inserción laboral
  • Actualización permanente
  • Manexo das tecnoloxías da información e a comunicación.
Sen duda son moitas tarefas, e cada unha de elas leva o seu tempo, por iso debemos coñecer tódos os recursos que temos ao noso arredor e nos permiten a optimización do tempo e os esforzos.

 A este respecto as TICs nos ofrecen grandes vantaxes, en canto á permitirnos a comunicación entre persoas sen ter que desprazarnos, ao pór ao alcance da nosa man infinidade de información e coñecemento, e ao darnos ferramentas para xestionar e relacionarse con toda esa información de  modo que podemos aproveitar ( e contribuír) a intelixencia colectiva.

Sen embargo non debemos olvidar que o uso das novas tecnoloxías deben  supoñer unha mellora no noso desempeño profesional en tanto que nos aporta ferramentas para simplificar e facilitarnos as labores e deste xeito poder adicar máis tempo ao obxectivo principal da orientación laboral: Ás persoas

2 comentarios: