miércoles, 29 de octubre de 2014

REFLEXIÓN SOBRE O MARCO PERSOAL DA ORIENTACION .



A ORIENTACIÓN LABORAL
.
B
otándolle unha ollada a un estudo sobre as necesidades formativas dos orientadores laborais en Galicia, do que hai anos- é do 2008- como orientadora nun centro colaborador, cubrín o cuestionario no que en parte  basea as súas conclusións, e que non me coincidiu ver ata agora; comprobei que fai unha análise moi exhaustiva da orientación laboral: orixe, terminoloxía, diferenciación coa orientación profesional, así como o seu devenir xa desde antes do comezo do INEM en 1978, necesidades formativas dos orientadores, etc,

Este estudo está recollido no material complementario do módulo dous do Posgrao que estamos a realizar, e  transcribo literalmente a introducción- se ben traducida ao galego- na que explica os motivos da realización do devandito estudo, xa que coinciden plenamente cos que fixeron que me decidise a facer o Posgrao:
                                                    
                                                                               

“........O darnos conta do propio desenvolvemento profesional, a medida que incorporabamos coñecementos e experiencias.....,o facernos conscientes dos saberes e procedementos, o sentir a capacidade que tiñamos para aplicalos a situacións laborais concretas, o saber estar nos distintos contextos nos que nos encontrasemos e o poder actuar asumindo responsabilidades, nos levou a reflexionar sobre o proceso de formación que seguiramos desde que finalizamos os estudos universitarios e a pensar nas necesidades de actuación que nos xurdían para adaptarmos aos novos tempos e as novas tarefas que nos asignan”.

Por outra banda, neste estudo se di que a orientación laboral require de profesionais cun maior grao de especialización que no pasado, cun profundo coñecemento do SNCP, un manexo actualizado da información moito máis complexo e unha familiarización coas técnicas e procedementos que permiten identificar as capacidades, aptitudes e logros profesionais dos usuarios; así como unha certa habilidade social para inducirlles motivación hacia o desenvolvemento dos itinerarios máis aconsellables.

Despois de seis anos estes requirimentos seguen sendo plenamente vixentes, se ben a orientación segue o seu proceso de institucionalización.

O que sí está a cambiar é o rol que, segundo o estudo, asumían –ou asumiamos- os orientadores, dos que a maioría se identificaba máis co rol de informador que co de orientador que, aínda que relacionados, non son o mesmo. Ao ler esta conclusión recollida no estudo inmediatamente lembrei a diferencia entre comunicación como transmisión da información e a comunicación como producción de significación.

Para diferenciar entre a comunicación e a información baseámonos nos obxectos de cada unha:
Coa comunicación buscamos transmitir, buscar a cooperación, intercambiar ideas, coñecer se a persoa comprendeu a nosa mensaxe (feedback) – sentido pluridireccional de comunicación-,
 Coa información buscamos facilitar o acceso de determinados datos que adquiren un significado sen preocuparmos de se foron interpretados acordes aos nosos obxectivos.- sentido unidireccional da comunicación-

Cómpre facer unha reflexión honesta do noso obxectivo, coñecer o perfil dos nosos usuarios para saber que expectativas e necesidades teñen e cal é o seu grao de  formación para saber adaptarmos na nosa comunicación e, deste xeito, conseguir chamar a atención, conectar con eles e construír a nosa mensaxe de xeito eficaz.

Na comunicación debemos ser conscientes de todo o proceso xa que os nosos obxectivos están constantemente relacionados cos nosos receptores e como técnicas de comunicación eficaz moi útiles para acadar este obxectivo figuran a escoita activa e a empatía.

Un dos puntos máis difíciles e importantes de todo o proceso comunicativo é saber escoltar pois estamos máis tempo pendentes das propias emisións , escoitamos de forma automática e se perde a esencia da comunicación, Polo tanto, escoitar require un esforzo superior ao que se fai ao falar.A escoita activa é a habilidade de escoitar non só o que a persoa está a expresar directamente senón tamén os sentimentos, ideas ou pensamento que subxacen ao que se está dicindo.

E xunto coa escoita activa, para chegar a entender a alguén se precisa, igualmente, certa empatía, saber poñerse no lugar doutras persoas.






Escoita activa e empatía son dous conceptos dos que estamos a falar continuamente pero…… tamén os aplicamos coa mesma frecuencia?.




O exercizo destas competencias de comunicación, xunto con moitas outras, é imprescindible na práctica da orientación laboral, que pasou de ser una tarefa relativamente fácil – estudar a persoa, analizar as súas cualificacións e orientala cara a unha profesión concreta que tiña continuidade en toda a súa vida en idade laboral; a entendela como un proceso ao longo de toda a vida no que pretendemos promover cambios, favorecer o desenvolvemento competencial, prepararnos para a situación de desemprego, situación de cambio de profesión, orientar na toma de decisións…

Pódese definir a orientación laboral como un proceso de axuda e acompañamento no desenvolvemento de competencias personais, sociais e laborais que sitúen a persoa nunha posición favorable ante o emprego e lle posibilite o acceso e mantemento dun posto de traballo.

Xunto a orientación laboral e a orientación para o emprego xa se fala da orientación 2.0. A orientación en particular é imprescindible acompañala do uso das tecnoloxías de información e comunicación, TIC, e sobre todo coa web 2.0, tamén denomeada “social”. En contornas formativas xa se fala das TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento).

Un orientador, ademáis de disponer de coñecementos técnicos e teóricos, aptitudes e competencias debe manexar a contorna dixital e tecnolóxica. Enténdese internet como o maior centro de recursos existente que permite acceder a multiplicidade de fontes e disponer dunha información actualizada de forma permanente; supón unha defusión da mesma a baixo custo e facilita o traballo colaborativo.

Os beneficios que achega internet aplicado á orientación son os seguintes:
Novas canles de busca
Novos medios e soportes
Novos medios de relación profesional
Novas regras de comportamento socialmedia
Existencia de novas ocupacións e perfís profesionais
Xurdimento de novas esixencias (identidade dixital).

Neste módulo do curso estamos adquirindo coñecementos que nos axudarán a mellorar a nosa competencia dixital,e coido que con moito tesón, motivación, e ganas de aprender, o imos conseguir.


            

No hay comentarios:

Publicar un comentario