miércoles, 8 de octubre de 2014

Reflexión persoal sobre o Marco Conceptual da orientación laboral

Imos avanzando no curso e antes de deixar atrás  o módulo primeiro sobre o marco conceptual da orientación laboral toca facer unha pequena reflexión.



Sobre qué estivemos traballando nestes primeiros temas?
  •  Sobre contido tan  diverso como as políticas de emprego vixentes a nivel estatal e europeo, políticas que inciden nos plans e programas que se levan a cabo a distintos niveis dentro do noso país así como nas funcións e actuacións que se levan a cabo dende os organismos públicos de emprego. Políticas cuns obxectivos concretos definidos polo estado económico e social que estamos sufrindo na actualidade, e políticas que se deben ir reformando e adaptando a medida que as necesidades dos países tamén cambian para que realmente teñan unha razón de ser.
  • O coñecemento do mercado de traballo, outro complexo asunto a tratar, xa que a súa dinámica repercute directamente na vida das persoas. O paro, a crise, son temas que por desgraza temos presentes a cada segundo.
  • A formación profesional,o coñecemento das competencias profesionais e os certificados de profesionalidade. Neste tema observamos a interrelación entre a administración laboral e a administración educativa para que exista coherencia entre a formación que se imparte e a formación que posteriormente se esixe para a entrada dunha persoa no mercado laboral.
  • E por último o tema do Emprendemento, a “táboa salvavidas da crise”. Se ben eu non sei si será o elemento que nos saque a flote, si sei que nos queda moito camiño para facer da nosa sociedade unha sociedade emprendedora, e que existen moitos medos, trabas e sobretodo pouca información e motivación para levar a cabo unha labor de este calibre.

Sendo estes temas moi dinámicos,e na miña opinión moi aislados uns de outros, esixen para os orientadores e orientadoras manipular gran cantidade de información e posuír un bo repertorio  de  habilidades para levar a cabo súa profesión de forma competente.

Non debemos esquecer poñernos na pel das persoas que acoden aos servizos de orientación esperando unha saída, a que? a unha posible idea de negocio, a unha necesidade formativa, a asesoramento na búsqueda de emprego, a alternativas de traballo fóra de España… Os casos serán tan variados como as persoas!


E o certo é que podemos tolear…

Tolear, ou ben definirnos e autoxestionarnos. Vivimos nun mundo globalizado, ou al menos iso é o que nos venden. A información a temos “a un só click” e cada día aparecen novas ferramentas que tratan de facilitarnos a vida. (De esto tamén nos vamos facendo conscientes a golpe de venres cada semana…

Por iso a mín, que non son orientadora laboral, reflexionar sobre estos primeiros temas, lévame a engadir unhas liñas á miña propia definición das función do orientador e das súas competencias.


Un orientador laboral debe (se non quere tolear) ter habilidade e axilidade na procura de fontes de información fiables, así como a capacidade de actualizarse e adaptarse a un contexto tan cambiante e comprometido como no que se desenvolve a orientación laboral”

No hay comentarios:

Publicar un comentario