miércoles, 8 de octubre de 2014

ORIENTÁNDONOS




MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

  • ·         Marco de referencia da orientación laboral.
  • ·         Mercado laboral.
  • ·         Certificación e formación profesional.
  • ·         A política social e de emprego na Unión Europea.
  • ·         A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral




Marco de referencia da orientación laboral.
Neste tema achegámonos ao marco normativo da orientación laboral e as políticas activas de emprego no territorio nacional e europeo.
Establécese unha diferenzación entre a organización, estrutura e competencias entre o SEPE e o SPEG, na que prevalece a dicotomía políticas pasivas-activas de emprego.
No marco institucional das políticas activas en España, destaca a  Estratexia Española de Activación para o Emprego 2014-2016 deseñada en coordinación coas Comunidades Autónomas co obxectivo de acelerar a transición do desemprego ao emprego mediante accións máis eficaces.
Dentro das políticas de emprego en Europa, a Estratexia Europea de Emprego 2020 ten como un dos obxectivos principais conseguir empregar o 75% da poboación de entre 20 e 64 anos.
Os alicerces nos que se asenta o marco normativo da orientación laboral constitúe a base a partir da que se desenvolve o seu marco conceptual.

Mercado laboral.
Este punto trata dos indicadores do mercado de traballo,  o desemprego, as ocupacións, os instrumentos e ferramentas para o seu desenvolvemento. Trátase  dunha visión global do funcionamento do mercado de traballo, dos perfís profesionais e a oferta de emprego existente no territorio nacional e así facilitarlles aos usuarios o  acceso a un posto de traballo.

Certificación e formación profesional.
Os certificados de profesionalidade e o sistema de acreditación de competencias son a ferramenta para adecuar  os  perfís profesionais dos usuarios/-as para mellorar a súa empregabilidade. Mediante este sistema moitas persoas desempregadas ao acadar unha certa idade poden acreditar a súa profesionalidade. É a forma de documentar os coñecementos  profesionais  que unha persoa posúe co paso dos anos. Conceptos como cualificación, competencia, sistema nacional de cualificacións, marco europeo, instituto galego das cualificacións, acreditación, certificados de profesionalidade….son termos que facilitan  coñecementos para asesorar as persoas no proceso de acreditación das súas competencias profesionais.

A política social e de emprego na Unión Europea.
A crise económica actual incrementa a taxa do paro e cébase fundamentalmente en  determinados sectores como son os mozos/-as.  A xente nova decátase das dificultades para atopar un emprego no ámbito nacional e deciden explorar novos mercados no territorio europeo. As políticas sociais e de emprego na Unión Europea facilitan información sobre institucións, organismos comunitarios en materia de emprego, oportunidades e ferramentas de mobilidade dos traballadores, fondos europeos para as políticas activas e pasivas de emprego como o programa Progress entre outros. Nun ámbito máis cercano temos o servizo Europe Direct A Coruña e demais redes de información europea (Centro de Documentación Europea, Rede Eures, Eurodesk, Euroguidance, Solvit, etc), recursos que serven para asesorar a poboación que decide ir a traballar ou estudar a outros países de á Unión Europea, tamén as posibilidades de encontrar socios europeos para aquelas persoas que deciden emprender o seu propio negocio, axudas europeas para o emprego e o autoemprego.
O coñecemento do marco comunitario constitúe asemade un xeito adecuado para atender a demanda social do momento mediante o asesoramento aos xoves cara a enfrontarse o cambio no ámbito na busca.

A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.
A situación do mercado laboral en España determina que a iniciativa empresarial e o autoemprego constitúen boas opcións á hora de buscar un futuro laboral. O emprendemento, beneficios, dificultades, características do emprendedor, plan de empresa....
As institucións,  tanto nacionais coma europeas están a prestar especial importancia ao fomento do autoemprego como vía de xeración de riqueza e emprego, razón pola que hai programas para potenciar o 
emprendemento como saída laboral. Programas orientados a actividades de formación, asesoramento e axuda aos futuros emprendedores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario