“ Un orientador laboral debe (se non quere tolear) ter habilidade e axilidade na procura de fontes de información fiables, así como a capacidade de actualizarse e adaptarse a un contexto tan cambiante e comprometido como no que se desenvolve a orientación laboral”
Continuamos avanzando no
curso, e rematando o Módulo 2,  no que
afrontamos o estudio do marco Persoal do Orientador Laboral, toca facer outra pequena
reflexión sobre o tratado nestes  5
últimos temas, e nada mellor que retomar o punto no que rematei a útima vez traballando
sobre as habilidades dun orientador laboral. (podedes ver a miña antiga entrada
pinchando aquí) 
Nestas últimas semanas definimos as orixes da
orientación laboral, e as funcións e competencias que deben desenvolver os e as
orientadores e orientadoras.
Tamén falamos en
profundidade das competencias comunicativas reflexionado sobre as técnicas que
debemos por en marcha para levar a cabo unha comunicación eficaz  e das barreiras que nos podemos atopar e que
dificultan os procesos comunicativos.
Relacionadas con
estas, tamén se lle dedicou un tema ás competencias sociais coas que todo
orientador debe contar.
Se ben o ámbito
específico no que cada un desenvolve a súa actividade laboral,así como as
características da poboación á que cada orientador ou orientadora presta os
seus servizos, van a ser o que máis directamente afecte ás competencias e
habilidades que cada un deberá mostrar de forma máis habitual no seu día a día
(principios de flexibilidade e individualización) recoñecemos unhas serie de
habilidades indispensables para que cada un de nós realice o seu traballo de
forma competente.Na seguinte presentación tratase este tema.
Por outra banda un orientador debe levar acabo
diversas actividades e polo tanto acarear unha badaxe de coñecementos ampla, algúns
exemplos son:
- O dominio de técnicas de psicoloxía clínica e terapia psicolóxica, coñecemento nos procesos de toma de decisións e das habilidades sociais para a comunicación.
 - Consciencia das metodoloxías didácticas para presentar técnicas de acceso ao emprego e autoemprego
 - Coñecemento da lexislación,normativa específica e recursos sobre emprego,prestacións,fiscalidade, asi como unha boa rede de networking e competencias para o traballo colaborativo e a procura de ligazóns
 - Análise dos perfís profesionais, prospección de emprego e deseño de programas de inserción laboral
 - Actualización permanente
 - Manexo das tecnoloxías da información e a comunicación.
 
Sen duda son
moitas tarefas, e cada unha de elas leva o seu tempo, por iso debemos coñecer
tódos os recursos que temos ao noso arredor e nos permiten a optimización do
tempo e os esforzos.
 A este respecto as TICs nos ofrecen grandes vantaxes,
en canto á permitirnos a comunicación entre persoas sen ter que desprazarnos,
ao pór ao alcance da nosa man infinidade de información e coñecemento, e ao
darnos ferramentas para xestionar e relacionarse con toda esa información de  modo que podemos aproveitar ( e contribuír) a
intelixencia colectiva.
Sen embargo
non debemos olvidar que o uso das novas tecnoloxías deben  supoñer unha mellora no noso desempeño
profesional en tanto que nos aporta ferramentas para simplificar e facilitarnos
as labores e deste xeito poder adicar máis tempo ao obxectivo principal da
orientación laboral: Ás persoas
.jpg)
Boísima e completísima reflexión! Parabéns Noelia TIC ;)
ResponderEliminarMoitísimas Gracias Yara :)
Eliminar