A INVERSIÓN MÁIS PRODUTIVA
Cando tivo lugar o comezo da crise, recordo que foi a comezos do ano 2009 cando eu persoalmente a percibín dun xeito xa claro, os demandantes chegaban á oficina contando a súa tráxica situación, pero aínda esperanzados en poder acadar outro traballo que lles devolvese a confianza en sí mesmos, pero pouco a pouco comezaron a darse conta de que seis meses ou un ano non lle devolvía o máis importante que perderan e comenzaban o duelo.
Situacións de rabia, impotencia e necesidade de volver ser o que foran. Este malestar foi trasladado á administración que ía resolvendo o seu drama persoal cunha pequena prestación que nunca era suficiente para afrontar os gastos familiares. Pouco a pouco empezamos a vivir unha situación na que o demandante personalizaba no traballador público a súa desgraciada situación e nós non estabamos preparados.
Cómpre pensar que a mellor inversión reside no coidado e na atención ó cidadán, especialmente no traballo do orientador laboral, que é unha parte fundamental do proceso de búsqueda de emprego, de devolución de confianza para o que está sufrindo unha situación tan dramática. 
Coidando os aspectos que  temos traballado no curso como son as habilidades comunicativas e sociais das que tanto proveito se pode sacar sabendo aplicalas correctamente, todo o resto xa vén rodado.
A administración por outra banda debe facer unha labor de concienciación de que un empregado público non está só para atendelo, senón tamén para entendelo.
Grazas Susana pola túa contribución ao noso blogue, con esta valiosa aportación.Certo é que a atención as personas é un dos aspectos máis importantes e a menudo dos máis esquecidos.
ResponderEliminar